viernes, 6 de junio de 2008

Primeiras Galerías de Fotos Dorneiras

Despois dunha longa espera, por fin, están colgadas na rede as fotos históricas da Festa da Dorna dende os seus inicios, alá polo ano 1948. Na marxe dereita deste blog tedes un enlace ás galerías. Estas fotos podense descargar sin ningún problema e nos próximos días iranse colgando máis. Seguro que aparecedes nalgunha.

Nota de interese:
Si alguén que aparece nas fotos non quere que estén colgadas so ten que enviar un email a: noticias_dorneiras@hotmail.com indicando o motivo, a galería na que se atopa a foto e o nome da mesma. Tamén podedes enviar as vosas fotos organizadas por anos en archivos comprimidos.


Todalas fotos foron doadas por diversos dorneiros interesados en colaborar con esta iniciativa e transmitir un reflexo do que foi a festa, do que é, e o que queda...