viernes, 10 de octubre de 2008

Ponte a andar

Así se chama o novo programa de andainas que dende a Cofradía da Dorna, xunto co Concello de Ribeira queremos poñer en marcha.

Consiste en un ciclo de
tres andainas (de momento, programarase trimestre a trimestre en función da resposta dos participantes): unha en outubro, outra en novembro e por último outra en nadal.

As
particularidades deste ciclo de andainas son:
  • Vanse celebrar os domingos pola mañán.
  • O horario de saida é común a todas elas 10.00 h. e chegada aprox. ás 13.00 h.
  • A inscripción é gratuita e libre, e dicir, o que queira ir aparece alí á hora de saida e punto, sen mais trámites.
  • As distancias e os percorridos neste primeiro ciclo queremos que sexan asumibles para tod@s, tanto os iniciados coma os que queren iniciarse (entre 10 e 12 km.)
  • Están dirixidas a tódolos públicos, e non se precisa unha forma física excepcional, simplemente ganas de camiñar, coñecer sitios, e facer piña con nova xente ca que compartir afición.

Os obxetivos que se persiguen:
  • Fomentar unha actividade deportiva ó alcance de todos: entretenida, divertida e saludable
  • Crear un grupo co que mais adiante poder programar outro tipo de andainas ou actividades
  • Amosa-lo compromiso da Cofradía da Dorna ca vida social, cultural e deportiva do Concello, mais alá dos actos da Festa da Dorna.
A primeira delas vai ser este domingo 19 de outubro, sairase dende o porto de Aguiño e facerase unha rutiña por Couso para rematar novamente no porto de Aguiño. Ás 10.00 con puntualidade inglesa.

Ainda que a incripción é libre, agradeceriase que se comunicara a participación nos teléfonos ou mails que se indican para facilitar a organización.
 
NOTA: Si alguén precisa mais información en breve colgarémola da web da cofradía, e para calquer dúbida xa sabedes real-e-ilustre@cofradiadadorna.com deportes@riveira.com ou no telf. do auditorio 981835650