O vindeiro domingo 16 de novembro, ás 10 da mañá do porto de Corrubedo terá lugar a segunda das andainas programadas dentro do ciclo Ponte a Andar.
A ruta nesta ocasión é un pouco mais curta que a anterior, e serán uns 8 km., pero que se verán compensados porque o recorrido ten un trazado mais abrupto pese a discorrer por terreo chan prácticamente dende o principio ata o final.
Sairemos do porto de Corrubedo e marcheremos pola praia do Prado costeando hacia a zona dos coidos, de alí ó faro, e logo pola ruta do GR-52 ata a aldea de Teira para voltar a entrar en Corrubedo pola rúa das Delicias. En total, e dependendo do ritmo dos participantes non deberíamos sobrepasar moito das dúas horas os mais rezagados.
Coma na vez anterior non fai falla inscripción, pero sí puntualidade. O punto de encontro exacto será diante da casa do mar de Corrubedo, no porto.
Recoméndase traer calzado e roupa cómoda, e no caso de que chovera un chuvasqueiro ou paraugas. Tamén é aconsellable que os nenos esta vez non veñan pois nalgúns tramos pode resultarlle complicado sobrepasalos.
A Cofradía disporá de catro monitores que coidarán pola seguridade dos participantes, así coma de que ninguén se extravie á vez que disfrute do percorrido.
E por último, outra recomendación: ¡non vos esquezades da cámara de fotos! o sitio paga a pena.