O primeiro tema da orde do día foi a presentación dos presupostos do ano 2008 os cales foron aprobados. O segundo tema da orde do dia foi a presentación dos presupostos e das actividades a levar a cabo no ano 2009.
Presentáronse as seguintes actividades:
- Adquisición dunha nova vela para a embarcación: "Virxe do Carme".
- Amaño da vela da embarcación: "Jalerna".
- Posta en marcha no ano 2009 da Escola de Vela da R. e .I Cofradía da Dorna con clases os sabados pola tarde impartidas polos patróns da Cofradía.
- Remodelacion e amaño do local que unha veciña lle cede gratuitamente a Cofradía.
- Posta en marcha do "Plan de Asalto a Muros" co gallo da celebración en Xullo do 2009 dos 9º encontros de embarcacions tradicionais que se van a celebrar nesta cidade.
- Organización da LXI Singladura da Festa da Dorna.