domingo, 15 de marzo de 2009

Derradeira andaina do trimestre

Como se pode ver nas imaxes, esta foi a máis concurrida das andainas do programa PONTE A ANDAR, con mais de 70 participantes de tódalas idades.

Tomamo-la saida de Teira, cun día que acompañaba a camiñar con tempo seco e temperatura mais que agradable.

O primeiro lugar emblemático da zona que visitamos foi o Monte Facho, atravesando o pinar e disfrutando do bosque de piñeiros que rodea ó monte.

De alí baixamos ata a aldea de Espiñeirido que lle da nome á praia que dorme ós seus pés. O grupo de andaríns foi todo o tempo unido, sen fragmentarse, creando un moi bo ambiente e aproveitando para charlar co compañeiro e coñecernos todos un pouco mellor.

Non podíamos pasar por alí sen deixar a nosa pegada nas areas da praia, e como o día acompañaba, e a marea baixa tentaba, casi era un pecado pasar por alí e non orillear o areal.



Como se pode ver na seguinte foto, o paseo pola praia foi unha ledicia e todo un luxo para atoparno no mes de marzo con temperaturas e clima atípico desta época.


Dende a praia enfilamo-los sendeiros que circunda un dos derradeiros tramos de costa virxe de Ribeira (amenazado nos últimos tempos polo Plan Acuícola). A Laxe Brava, ca sua constante rompente das olas, e a punta do Corgo dándolle nome a todo o paraxe fixeron as delicias dos afeccionados á fotografía e ó sendeirismo.


Un descansiño pouco antes do tramo final, para beber un pouco e repoñer forzas.


Chegada a Teira, dentro do horario previsto e cubrindo os 10 km. cun bó ritmo, e mellores sensacións.


Con esta poñemos punto e aparte á programación do ciclo Ponte a Andar deste trimestre. O que non significa que rematáramos, pois ainda nos queda outra para o mes de maio da que xa iremos dando conta.

E xa sabes dónde podes atopar tódalas fotos: http://picasaweb.google.com/noticiasdorneiras/PonteAAndar#
Posted by Picasa