O pasado sabado 9 de Maio de 2009 celebrouse a
Iª Asamblea de Peñas Dorneiras da LXI Singladura da Festa da Dorna, á cal asistiron 12 peñas. Entre estas apuntouse para o exame a primeira peña nova, como deben facer os interesados nas seguintes asambleas.
Comentaronse os dias do mes de xullo nos que se ten pensado que teña lugar a
Festa da Dorna de este
2009, que serían:
17,18,19,22,23,24 co baile de gala o día 25.Votouse a cor das "
sudaderas dorneiras" para este ano, sendo elixida a cor
verde. Desde este día queda
aberto o plazo para a presentacion dos debuxos para carteis e sudaderas o cal remata na próxima asamblea de peñas que tera lugar a principios de Xuño.
Comentouse a intención por parte da
R. e I. Cofradía da Dorna de suministrar o equipo para facer un maraton de concertos de grupos locais, o dia 22 de xullo, e que os interesados en participar se poñan en contacto coa directiva.
Duas peñas que estan de 5ºaniversario comentaron a posibilidade de celebralo con algún acto durante a festa.
Tamben falouse dos videos dorneiros no exame de patrons, solicitando que se poñan mais, chegando a conclusion de que se precisa mais colaboracion á hora de facelos para conseguilo.
Outros temas foron que a asociacion Amicos puxose en contacto coa cofradia para ofertar o seu centro de impresion e repartiuse folletos explicativos entre os presentes, e que comenzou a segunda fase de votacions para escoller as 7 mellores festas de españa, na paxina web:
www.7mejores.es animando ós peñeiros a votar pola
Festa da Dorna situada a dia de hoxe no 8º lugar.
Sin mais emplazouse a todos os dorneiros para a próxima asamblea, a fecha da cal sera publicada con anterioridade neste blog, na asamblea de peñas e con carteis pola cidade.