lunes, 11 de mayo de 2009

Conclusions da Iª Asamblea de Peñas Dorneiras

O pasado sabado 9 de Maio de 2009 celebrouse a Iª Asamblea de Peñas Dorneiras da LXI Singladura da Festa da Dorna, á cal asistiron 12 peñas. Entre estas apuntouse para o exame a primeira peña nova, como deben facer os interesados nas seguintes asambleas.

Comentaronse os dias do mes de xullo nos que se ten pensado que teña lugar a Festa da Dorna de este 2009, que serían: 17,18,19,22,23,24 co baile de gala o día 25.

Votouse a cor das "sudaderas dorneiras" para este ano, sendo elixida a cor verde. Desde este día queda aberto o plazo para a presentacion dos debuxos para carteis e sudaderas o cal remata na próxima asamblea de peñas que tera lugar a principios de Xuño.

Comentouse a intención por parte da R. e I. Cofradía da Dorna de suministrar o equipo para facer un maraton de concertos de grupos locais, o dia 22 de xullo, e que os interesados en participar se poñan en contacto coa directiva.

Duas peñas que estan de 5ºaniversario comentaron a posibilidade de celebralo con algún acto durante a festa.

Tamben falouse dos videos dorneiros no exame de patrons, solicitando que se poñan mais, chegando a conclusion de que se precisa mais colaboracion á hora de facelos para conseguilo.

Outros temas foron que a asociacion Amicos puxose en contacto coa cofradia para ofertar o seu centro de impresion e repartiuse folletos explicativos entre os presentes, e que comenzou a segunda fase de votacions para escoller as 7 mellores festas de españa, na paxina web: www.7mejores.es animando ós peñeiros a votar pola Festa da Dorna situada a dia de hoxe no 8º lugar.

Sin mais emplazouse a todos os dorneiros para a próxima asamblea, a fecha da cal sera publicada con anterioridade neste blog, na asamblea de peñas e con carteis pola cidade.