Saimos con puntualidade inglesa do porto de Ribeira: 149 ocupantes dos 150 inscritos, algún desertor de última hora que tivo medo ó vento do nordés.
Nada máis sair do porto os toniños achegáronse a despedirnos ós costados do Delfín Primero (así se chamaba o barco que nos levou a Ons) facendo sorrir ós nenos, e disparar as cámaras de fotos ós pais. A bo seguro un recordo inesquecible para moitos dos tantos que nos trouxemos hoxe de alí.

Para facer mais amena a xeira, o capitán Carlos permiteu ós nenos que iban a bordo facerse cos mandos da nave nun motín amigable, e que voltou a deixar unha pegada imborrable nas lembranzas dos mais cativos.
Aproveitouse por parte da Cofradía da Dorna, en colaboración con Nautica A Poutada, entregarlle un obsequio a Pachicho (Francisco Reiriz Sampedro) pola voluntaria, desinteresada e sempre benvida colaboración que ofreceu, ofrece e sabemos que ofrecerá ainda que non se lle pida.
Chegada á hora prevista a Illa e tra-las pertinentes indicacións enfilamos cara ó mirador de Fedorentos, cunhas vistas impresionantes da illa de Onza e das Cies.

Rumbo para o Burato do Inferno, no que se fixeron grupos de 20-30 persoas para extrema-la seguridade, ainda que se ralentizara a visita. Logo de alí, un agradable paseo pola cara oeste da illa, hacia o Faro. Paisaxe impresonante nun medio natural digno de ser visitado e conservado coma se merece.

Ás 18.00 h. partíamos de novo da Illa de Ons iniciar de novo unha xeira mais movida e mais divertida gracias ó mar de fondo que se levantou. Sen incidentes, con algún mareo, e moitos e moi bos recordos chegamos á hora prevista ó porto de Ribeira.

Punto e aparte ó programa de andainas Ponte a Andar que con tanto éxito desenrolou a Cofradía da Dorna ó longo do 4º trimestre do 2008 e o 1º do 2009, poñendo a guinda con esta visita á Illa de Ons.
Volverán mais andainas e mais actividades, pero agora o que toca é a LXI Singladura da Festa da Dorna.
Tódalas fotos en: http://picasaweb.google.com/noticiasdorneiras/AndainaIllaDeOns2009#
Tódalas fotos en: http://picasaweb.google.com/noticiasdorneiras/AndainaIllaDeOns2009#