miércoles, 16 de junio de 2010

3ª Asamblea de Peñas Dorneiras

O vindeiro Sabado 19 de xuño de 2010, ás 20:13 terá lugar, no conservatorio municipal (anteriormente coñecido como Casa da Cultura), a terceira Asamblea de Peñas Dorneiras de cara á LXII Singladura da Festa da Dorna.

Nesta asamblea trataranse varios temas entre os que destaca a organización dos multiples xogos e actividades da Festa da Dorna, como sempre se di a festa e feita por nós e para nós, así que non deixes de vir á asamblea e animade á túa peña a organizar algunha actividade, tamén se admiten actividades novas sempre e cando teñan cabida nos días da festa.

A menos dun mes do inicio da  Festa da Dorna 2010 e a falta da derradeira asamblea, pretendese ter unha idea do programa de actividades para esta singladura.

Si ainda non es socio da R. e I. Cofradía da Dorna espabila pois o luns 21 pasaranse as cuotas correspondentes a este 2010. Este sabado ainda se recollen panfletos de actualizacións e novos socios.

Tamén se están a preparar os videos dorneiros si estas interesado en participar ponte en contacto coa cofradía (real-e-ilustre@cofradiadadorna.com), goza da fama e os privilexios de ser un actor dorneiro, riete ti de jólibu.

Censo de peñas, si non estades apuntados é o voso día. Necesitase: nome da peña, fanequeira, cor de camiseta e pañoleta, datos patron/a.

A partir de este fin de semana membros da R. e I. Cofradía da Dorna visitaran distintos establecimentos comerciais para ofrecer a posbilidade colaborar coa Festa da Dorna 2010, si estás interesado en que pasemos polo teu negocio recórdanolo no email (real-e-ilustre@cofradiadadorna.com).
Non te quedes fóra apoia á Festa da Dorna!!!

Unha chea de cousas, así que xa sabedes este sabado que non falte ninguén. Tomarase lista!!!