lunes, 21 de junio de 2010

Conclusións da 3ª Asamblea de peñas

Este sabado 19 de xuño de 2010 no conservatorio municipal (anteriormente coñecido como Casa da Cultura) tivo lugar a terceira Asamblea de Peñas Dorneiras de cara á LXII Singladura da Festa da Dorna, cunha participación de 41 persoas en representación de 18 peñas dorneiras, trataronse varios temas, sendo o central a organización dos diversos xogos dorneiros, quedando a maior parte dos xogos cubertos entre as peñas que repiten na organización e as que tiveron representación na asamblea. Propuxeronse 7 novos xogos aos que todos nos querremos apuntar. 4 deles organizaos o Comando Dorneiro, outros dous Cajaboi Island e Os Tabeirons Caralludos, que están de 20 aniversario este ano. O número de peñas non deixa de crecer tendo xa 9 candidatos, que terán que pasar o Exame de Patróns.
Dende ese mesmo día abríuse un  prazo para grupos de música interesados en participar no ROCKANDORNA, a cofradía encargase do equipo de son, apuntadevos xa en: real-e-ilustre@cofradiadadorna.com. O prazo remata na seguinte asamblea.

Tamén recoudosuse aos asistentes que esta semana pasanse as cuotas dos socios da R.e I Cofradía da Dorna correspondentes a 2010, e que se apuntasen no censo de peñas dorneiras, cousa que tamen podedes facer no email.

A seguinte e derradeira asamblea de peñas será o Sabado 3 de Xullo. Nela tratarase a colaboración das peñas na organización da festa e asignaranse os xogos que queden libres. Si che gusta a Festa da Dorna  e estás disposto a colaborar, non dudes en vir.


As peñas participantes nesta asamblea foron:
-Mexillóns con Toxina no  se come coxina.
-Estou que escacho.
-Carallos de Rei.
-Arría o Jallo.
-Ratos da Illa.
-Kirie Eleison.
-Lenjuados Envriajados.
-Mexillons + cabróns.
-Comando Dorneiro
-Tabeiróns Caralludos.
-Muxo Beti.
-Cajaboi Island.
-Persebes Epiléticos.
-As Javotas van Jopas.
-Sija la Raia.
-Vikinjos da Tomasa.
-Caracolas en Xirolas.
-As Navallas de Palmeira van de putas a Ribeira.


A 24 días de poñer a pañoleta. Avante Sardiñeiro!!!!!!!