O pasado sábado 23 de Abril de 2011 ás 20:02 tivo lugar a primeira asamblea de peñas dorneiras donde se presentaron os días dos que constará a LXIII Singladura da Festa da Dorna que serán do 20 ao 24 de Xullo e máis o Baile de Gala o 30 de Xullo.
Ademáis decidiuse por votación a mán alzada a cor das sudadeiras dorneiras para este ano saindo elixida a cor branca con 8 votos frente a 4 pola cor violeta e unha abstención. Unha vez coñecido que a cor branca será a moda de esta dorna abriuse un periodo para que todos os artistas dorneiros se poñan mans á obra preparando os mellores diseños para os concursos: A Jata Ruín de la Praia (diseño de sudadeiras) e Salvador daquí (diseño de carteis dorneiros). O periodo para presentar os deseños é ata a próxima asamblea o 14 de Maio de 2011 ás 20:03. Dentro de tres semanas decidiranse por votación a man alzada, no local da cofradía (palco de Pedra), os gañadores. Si alguén se anima a diseñar chapas que nos envíe a real-e-ilustre@cofradiadadorna.com ou leve á asamblea o seu diseño.
Como último tema recordouse a todolos dorneiros que o sabado 30 de Abril de 2011 sobre ás 17:00 en Teira, celebrarase a quinta Carreira do Corgo a cal organiza a Real e Ilustre Cofradía da Dorna coa colaboración do concello, estades todos invitados a vir.
Apuntouse unha nova peña: Bótame un polbo, da futura fanequiera Arrancadeira. Esta asamblea tivo unha particiapación de 13 peñeiros en representación das seguintes peñas:
Ratos da Illa
Comando Dorneiro
Arría o Jallo
Carallos de Rei
As Javotas van Jopas
Tabeirons Caralludos
Pateiros Palangreiros
Muxo Beti
Tres meses para a Festa!!! Que nervios!!!