lunes, 2 de mayo de 2011

Xa temos novo local

A Cofradía da Dorna despediuse do seu antigo local o cal disfrutaba en rexime de emprestito por unha familia ribeirense dende fai unha chea de anos, polos cales esta asociación estará sempre agradecida, a necesidade do local por parte dos propietarios levou a asociación a devolvelo como correspon de


e nese momento iniciar contactos para conseguir un novo punto de referencia o cal se materializou o pasado Sabado 19 de Marzo de 2011 cando cunha puntualidade inusual en actos dorneiros tivo lugar a inauguración do flamante novo local da A. C. Real e Ilustre Cofradía da Dorna sito nos baixos do Palco de Pedra do Malecón Ribeirense.


Alí deronse cita unha nutrida representación do Concello de Ribeira, representantes das candidaturas nás proximas eleccions por parte do Partido Popular e do Bloque Nacionalista Galego, históricos dorneiros, a directiva actual da Cofradía da Dorna e todolos dorneiros que se quixeron pasar a disfrutar das novas instalación e como non do catering orgnizado pola Taberna do Riaso.



A Cofradía da Dorna agradeceu ao Concello de Ribeira este acordo e espera que dende este novo local levense a diante durante anos todas as actividades da cofradía como son: Os Ciclos de Andainas, Andaina en Barco, Carreira do Corgo, La Vos de Jalisia, Escola de Vela e por suposto a única festa de interese turístico galego do concello como é a FESTA DA DORNA que este ano chega á LXIII Singladura.