miércoles, 29 de junio de 2011

Fin de semana Dorneiro

Este fin de semana a Asociación Cultural Real e Ilustre Cofradía da Dorna estará en dous actos á vez. Na X edición dos Encontros de Embarcacións Tradicionais de Galicia que este ano se celebran en Carril (Carril2011), alí haberá unha nutrida representación da Cofradía capitaneada polos membros da Escola de Vela da R. e I. Cofradía da Dorna (organizadora do primeiro encontro alá polo 93) que xa irán o Xoves 30 de Xuño e irá incrementándose o fin de semana ata o Domingo 3 de Xullo.

Ademáis unha boa parte da R. e I. Cofradía da Dorna estará na Mostra das Culturas de Boiro o Sabado 2 de Xullo pola mañan e pola tarde.


Todo esto a 20 días de que se inicie a Festa máis rachada!!!!!