O pasado Sabado 19 de Maio tivo lugar a segunda Asamblea de Peñas Dorneiras de cara a celebración da LXIV Singladura da Festa da Dorna. No local da Cofradía reuníronse 32 peñeiros co fin de votar a man
alzada tanto o premio Salvador Daquí (deseño do Cartel da Festa) do cal saíu
gañador por segundo ano consecutivo Jesús Parada Miniño da Peña Carallos
de Rei, como o premio A Jata Ruín de la Praia (deseño da Sudadeira
Dorneira) do cal saíu gañador Javier Fontaiña Falque da peña A Nasa. Aquí temos os seus deseños, á esquerda o deseño para o cartel presentado por Jesús e debaixo o deseño da sudadeira presentado por Javier.
Os días da festa xa quedaran claros na primeira asamblea e as actividade principais van a ser o Venres 20 o Juateke Dorneiro, o Sabado 21 os Xogos de Terra o Domingo 22 o Jran Prix de Carrilanas, o Lunes 21 o Exame de Patróns e o Martes 24 de Xullo Día da Dorna TOP SECRET.
Por
outro lado comentouse entre os asistentes que se fixo unha Rifa Dorneira donde se pode gañar unha cea no Gourmet de Aljan poseendo o
boleto que coincida coas tres derradeiras cifras do sorteo da lotería
naciona do Sábado 21 de Xullo de 2012. Podense adquirir as rifas por
riveira a múltiples vendedores e na fanequeira A Taberna do Riaso. Por só 1€ podes ser ser o gañador ou gañadora dunha magnífica cea, xa sabes participa na Rifa Dorneira!!!
Por último repartironse impresos entre os asistentes para poder
actulizar os seus datos como socios da Asociación Cultural R. e I. Cofradía da Dorna ou facerse novos socios, xa que ser dorneiro
acreditado e colaborar con todas as actividades da asociación. Estes
impresos poderánse entregar na seguinte asamblea que terá lugar no mes
de xuño, non o esquezades pois as cuotas pasaranse a semana seguinte á asamblea.
Non o deixes mais, Faite Socio!!!!