martes, 12 de junio de 2012

PONTE A ANDAR 2012 - Andaina en Cíes


Onte domingo tivo lugar a derradeira andaina do ciclo Ponte a Andar que pecha a temporada 2011-2012.

O éxito de participación foi rotundo en tódalas andainas organizadas pola Cofradía da Dorna, acadando unha media de andaríns de 60 persoas nas 5 convocatorias anteriores, pese a dureza de -por exemplo- a andaina dos Forcados.

Nesta derradeira andaina había inscritas 200 persoas que sairon do porto deportivo de Ribeira rumbo ás Illas Cíes, ainda que por mor do mal tempo unhas 60 persoas declinaron viaxar no último intre. Error, pois a climatoloxía respetou ós excursionistas facendo unha lixeira presencia durante escasos minutos, e tan benevolente foi que incluso permiteulles pegarse un baño na que contan é a praia máis bonita do mundo: a praia de Rodas.

Os andaríns disfrutaron da Lagoa dos Nenos, da subida ó Faro, e da Pedra da Campá na que os monitores en xornada de mañá leváronnos a coñecer eses enclaves do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Pola tarde e xa sen a tutela dos monitores, os andaríns que non optaron por desfrutar da praia de Rodas pudéronse achegar ata a praia de Figueiras, o Alto do Príncipe ou o Faro do Peito.

A xeira polas rías de Arousa, San Vicente, mar de Ons, e Costa do Vento (cas impresionantes vistas de Cabo Home) foi algo máis movida do que se podería esperar para un mes de xuño, pero pouca cousa para os aventureiros dorneiros acostumados a marearse noutras augas máis bravas.