Este Sabado 16 de Xuño terá lugar a Terceira Asamblea de Peñas de cara á
Celebración da LXIV Singladura da Festa da Dorna. Estades tódolos peñeiros convidados a asistir en representación das vosas peñas ás 20:33h na CASA
DO MAR (salón de actos debaixo do local dos Xubilados), como agardamos unha participación masiva cambiamos a un local de maior capacidade que a sede social, así que NON FALTES, tomarase lista!!!
O obxetivo
principal de esta asamblea e falar das múltiples actividades e xogos dos
que consta a Festa da Dorna, e esperase a colaboración de tódalas peñas
na organización de actividades e xogos pois a festa facemola todas e todos. Como cada ano poden propoñerse
novas actividades as cales tratarase de encaixar dentro do programa da
festa. Ademáis alí podedes entregar as solicitudes para facervos socio ou socia
da Cofradía da Dorna e tamén as actualización de datos dos asociados que
tiveron problemas coas súas cuotas en anos anteriores.
Xa está a subir a marea, agárdase un tsunami dorneiro. AVANTE SARDIÑEIRO!!!