JRAN PREMIO ÍCARO DE VOO SEN MOTOR -
2012
BASES DE
PARTISIPASIÓN:
O sistema de puntuasión que empregaremos será modificado respecto ó do ano
pasado, porque ainda que paresa increible tivemos un empate (e que o tribunal é
moi rariño e as matemáticas dánselle moi mal):
- APARELLO TUNEADO: Aqueles que teñan relasión cos AVIÓNS DE ÉPOCA poderán
acadar ata 5 puntos, e os que non encaixen nin con cola na temática quedaránse
como moito con 3 puntos..
- ESPECTACULARIDADE: Aquí voltamos a dar ata outros 5 puntos a aquelas peñas que manden a dorneiros con capasidade
de poñer en práctica as dotes de comunicasión dos pilotos do SEPLA ca torre de
control, valorarase tamén o vestuario, o peinado e a maquillaxe. (Ahí tedes a
Patán e Pierre Nodoyuna co jlamour da época).
- SOBORNO: Por petisión popular, e polo interese do tribunal, este
ano tamén puntuará o soborno ó tribunal, porque a ver qué vai ser deste pais sen
un tribunal insobornable, incuestionable, e íntejro. Así que xa sabedes, hai que
estirar o inxenio e discurrir aljo que vos poda reportar ata 5 puntos máis por encherlle o caldeiro ó tribunal. Eso sí, que
non se enteren as comisións de investijasión que lojo tamén os hai que untar a
eles.
Lembrade que
estamos aquí para pasalo ben, que un puñetero trofeo non vos/nos amarje a
festa.