O pasado sabado 7 de Xullo de 2012 a tivo lugar a 4ª e derradeira asamblea de peñas de cara a celebracion da LXIV Sinjladura da Festa da Dorna, que como xa é ben sabido vaise a celebrar os días 20, 21, 22, 23 e 24, o 28 de Xullo celebrarase un ano máis o "Baile de Jala" no Circulo Mercantil, ao que poderá asistir todo o mundo que cumpla un único e imprescindible requisito, ir de jala
como o nome do baile indica. Dende a R. e I. Cofradía da Dorna queremos aclarar que "Non é obligatorio asitir, para asistir é obligatorio ir de Gala".
Nesta asamblea, entre outras
cousas, repartíronse os xogos e as actividades que se viñan facendo
estos últimos anos, apuntaronse actividades novas, adxudicáronse os "chirinjitos dorneiros" e os turnos no "Juateque Dorneiro",
neste última actividade agradeceríase algo máis de colaboración, todolos
interesados sexan peñas ou a titulo persoal poñedevos en contacto coa
Cofradía a vosa colaboración e imprescindible para facer a festa.Ademáis anotaronse outras 4 peñas novas que teran que pasar como cada ano o xa mítico "Exame de patrons" e anotaronse máis grupos locais para o "Rock&Dorna do pais".
A esta asamblea acudiron un total de 87 dorneiros das peñas: Os
mesillons mais cabrons, Carallos de Rei, Caracolas en Sirolas, Arria o
Jallo, Vikinjos da Tomasa, Pintos joden Quintos, Rapante do Mercante,
Cajaboi Island, Pescadillas con Ladillas, Ratos da Illa, Os Serrans mais
Marrans, Tabeirons Caralludos, Peregrina, Muxo Beti, Pateiros
Palangreiros, Cowboys, A Nasa, Las Cigalas del Koala, Estudias Traballas
ou colles Naballas, Parrochas Papudas, As Pirañas van de Cañas, A Tuna
Nejra, Sijala Raia, Comando Dorneiro, Cabuxos do Mar, As Llapras do
Stop, As Navallas de Palmeira, Lenjuados Embriajados e Non quero ir ao mar.
Recordase a tódalas peñas que esta semana sairá o listado de establecimentos colaboradores e fanequeiras autorizadas (só son fanequeiras as que teñan o distintivo e aparezan neste listado), as peñas sin fanequeira poderán participar en tódolos xogos e só as fanequieras autorizadas poderán formar parte da Festa (Enjalanamento, Canción de Tasca, Charangas, Maratasón,...) moitas gracias a tódolos colaboradores.
As sudadeiras Dorneiras siguen á venta na tenda de deportes Podium Sport, situada na Rua de Lugo (detrás da Iglesia) e ainda podes conseguir a rifa dorneira (unha cea para dous no Restaurante Aljan pode ser vosa).
Este ano queremos promover o enjalanamento de Fachadas, a R. e I. Cofradía da Dorna leva moitos anos repartindo Bandeiras da Festa entre tódalas peñas colaboradoras e constanos que se reparten entre os peñeiros, así que facemos un chamamento para Saca a Túa Bandeira á Fiestra ou Balcon que se vexa que estamos en Festa e non nunha calquera estamos na FESTA DA DORNA.
Avante Sardiñeiro!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Mi madriña que quedan 8 días....