jueves, 18 de abril de 2013

Conclusións Primeira Asamblea de Peñas

O pasado Sábado 6 de Abril de 2013, ás 20:03, tivo lugar a primeira asamblea de peñas cunha participación dunha treintena de peñeiros. Como tema principal anunciaronse os días dos que constará a LXV Singladura da Festa da Dorna: iniciarase o Venres 19 de Xullo e trancurrirá de corrido ata o Mércores 24 de Xullo Día da Dorna. O Baile de Gala será o Sábado 27 de Xullo.

Por outro lado realizouse a votación a man alzada da cor da Sudadeira Dorneira para este ano, sendo os resultados: 10 votos para o Azul, 8 para o Marrón chocolate e outros 8 para o fluor. Así que este ano levarase a cor AZUL formula un (a que levaba Alonso, a da bandeira de Asturias), máis en Ribeira coñecese máis como azul Sálvora xa que é similar o das sudadeiras de este clube tan dorneiro.
Unha vez decidida a cor abrese o prazo para presentarse ao concurso dorneiro de deseño para as sudadeiras A Jata Ruin de la Praia, só se admiten un máximo de 5 cores (tintas) o debuxo debe presentarse en papel de cara á votación pero ten que entregarse en formato dixital co fin de favorecer a impresión. Tamén ábrese o concurso dorneiro de deseño de carteis Salvador Daquí, tamen se require presentalo en papel de cara as votacións.
Ambos concursos rematan na seguinte asamblea de peñas que terá lugar a primeira semana de Xuño, estade atentos á data exacta que se publicará en breve. Sabede que estos concursos dorneiros son para peñeiros e os debuxos gañadores coma cada ano serán cedidos á R. e I. Cofradía da Dorna. Se tedes algunha idea para algunaha chapa podes enviarnola e de entre as recibidas sairán as chapas de este ano.

A parte da propia Festa da Dorna falouse dunha actividade que está preparando a R. e I. Cofradía da Dorna para o mes de Xuño, tratase dunha liguilla de futbol entre peñas benéfica, esta celebrarase un fin de semana ou dous en función das peñas anotadas. Xogarase as primeiras fases a futbol Sete para facer dous partidos ao mesmo tempo, e a gran final será a futbol once, o formato de competición será tipo playoff. Podedes pedir información no correo da dorna: real-e-ilustre@cofradiadadorna.com e tamén podedesvos apuntar dende xa por email ou na próxima asamblea de peñas. Cabe destacar que como esta actividade ten un caracter benéfico, debarase aboar á entrada tanto polos xogadores como polo público asistente. Daremos máis información o antes posible.

Volvendo ao tema da festa, houbo que aclarar un tema pendente da Dorna pasada, xa que representantes da ex-peña Calamar do Miramar asistiron á asamblea para  informarse dos motivos que levaron á súa exclusión da asamblea de peñas e polo tanto da Festa da Dorna. Alí explicouse que a auga no top secret foi erradicada da Festa da Dorna dende fai moitos anos e como todo peñeiro sabe, botar auga no Top Secret ten esta consecuencia, polo cal esta peña como tal non poderá participar en ningún dos xogos dorneiros nin como organizadora, nin como participante.

Por último tratouse un tema controvertido que esta crecendo e que preocupa moito á Cofradía da Dorna polo perxuizo que causa a asociación e á propia Festa da Dorna. Nos últimos anos esta crecendo un comercio basado no mal uso dos simbolos dorneiros. A Flor da Dorna e o logo da R. e Cofradía da Dorna pertencen a esta asociación, a cal é unha asociación sen ánimo de lucro que só utiliza as chapas e sudadeiras como autofinanciación da Festa da Dorna. Esta asociación nunca autorizou o uso de estes simbolos a ningún particular, nin establecimento comercial como poden ser tendas, estancos, bares,.. Con esto queremos animar a toda a xente que disfruta desta festa a non perxudicala mercando estes productos e a todos os que vos estades lucrando a deixar de facelo xa que a asociación loitará contra esto tomando todas as medidas oportunas.


Peñas presentes na asamblea:
Tabeiróns Caralludos
Os Pintos Joden quintos
Arría o Jallo
Muxo Beti
Cajaboi Island
Caracolas en Xirolas
Carallos de Rei
Me aplaude la almejita
Vikinjos da Tomasa
A Nasa
Comando Dorneiro
Non quero ir ao mar
As ameixas dan gloria

Atentos ás mareas que xa chega a Festa da Dorna!!!!