Este Sábado 4 de Maio do 2013, ás 21:04 na casa do mar de Ribeira (debaixo do clube de xubilados) terá lugar a Segunda Asamblea de Peñas de cara á celebración da LXV Singladura da Festa da Dorna.
Nesta asamblea decidiranse os primeiros concursos dorneiros: Premio A Jata ruín de la Praia (deseño de Sudadeiras Dorneiras) deberán presentarse todos os deseños ata o inicio da asamblea, votarase a man alzada, Premio Salvador Daquí (deseño de cartel dorneiro), deberán presentarse os deseños ata o inicio da asamblea, votarase a man alzada. Si queredes aportar diseños para as chapas dorneiras de esta singladura entregadeos nesta asamblea ou en real-e-ilustre@cofradiadadorna.com, tede en conta que se farán os posibles, non todos os entregados xa que esto non é concurso.
Como xa se comentou na primeira asamblea, a cofradía non dou ningún tipo de autorización a ninguén para utilizar os simbolos dorneiros (flor, dorna con vela, deseños de sudadiras, chapas ou carteis ...) é todos os productos que poida sacar a cofradía para beneficiar a festa estarán anunciados neste blog e/ou á venta nos chiringuitos dorneiros. Pensa nisto, non perxudiques á Festa da Dorna.
Entre outros temas comentarase máis sobre a liguilla benéfica de futbol sete entre peñas, indicando datas de celebración, entidade beneficiada, formato de xogo e tamén poderedes apuntar á vosa peña na propia asamblea ou en real-e-ilustre@cofradiadadorna.com. Si hai xogos novos para a festa ou algún cambio de actividade iranse presentando en cada asamblea.
Si non todavía non eres socio ou socia dorneira nesta asamblea haberá formularios para facerse dorneiro acreditado, non o deixes pasar!!!!
Si eres socio e non che chegou a cuota estas navidades, actualiza os teus datos e non perdas o teu número histórico. Tra-las cuotas de 2013 (mediados de xuño), faráse a esperada renumeración entre os socios activos. Actualizate na asamblea ou en real-e-ilustre@cofradiadadorna.com