miércoles, 19 de junio de 2013

O Salvora CF volta a colaborar coa Dorna

O Salvora CF vai axudar coa súa experiencia á Asociación Cultural R. e I. Cofradía da Dorna a organizar o Torneo Benéfico de Futbol entre Peñas que tera lugar o derradeiro fin de semana de Xuño, Sábado 29. Os beneficios serán destinadas o Banco de Alimentos da Cruz Bermella, xa que tanto os xogadores como o público deberán aboar 2 Kg de alimentos non perecederos ou no seu defecto 2€.
 
Xa hai unha ducia de peñas inscritas, non esperes máis e apuntate no correo: real-e-ilustre@cofradiadadorna.com

Voltando á colaboración do Salvora CF que xa durante a tempada dedicou a taquilla dun partido a colaborar coa Festa da Dorna volta a colaboar coa R. e I. Cofradía da Dorna unha vez rematada a temapada. Cabe recordar que este Domingo 23 de Xuño ás 18:00 xogan polo ascenso e chega o momento de facer piña, únete e fai da Fieiteira unha Caldeira.
  

Todos co Salvora CF a polo ascenso!!!!!