O Sábado 1 de Xuño de 2013, ás 20:01 horas, na Casa do Mar de Ribeira tivo lugar a Terceira Asamblea de Peñas de cara á celebración da LXV Singladura da Festa da Dorna, unha asamblea mermada de asistentes pola coincidencia co final da liga de futbol.
Os 20 peñeiros alí presentes debatiron principalmente sobre os xogos dorneiros, os Tabeiróns Caralludos comentaron as primeiras novas das bases que están a preparar para o Certame Itinerante de Canción de Tasca, donde xa non estará permitido participar con instrumentos eléctricos, nin levar cds ou similares con fin de seguir mantendo o espiritu das cancións de tasca.
Os Berberechos Asasinos viñeron con varias propostas e este ano vanse facer cargo do retorno da Carreira de Dornas a Remo (falamos de dornas de verdade non feitas a machada) esta Carreira terá lugar o día do Baile de Gala, Sábado 27 de Xullo, polo día, na seguinte asamblea comentarán máis sobre o tema. Por outro lado propuxeron que todas as peñas voluntariamente colaborasen coa cofradía cunha parte simbólica dos séus presupostos, esta idea xa a trouxeron fai dúas singladuras os Muxo Beti, coa súa idea de facer peñas socias, esta peña leva colaborando económicamente dende entonces e á cal se uniron Os Rapantes o ano pasado. Dende a R. e I. Cofradía da Dorna agradecese calquera colcaboración voluntaria e todas sairán reflejadas no Caderno de Bitácora como colaboracións especiáis.
Ademáis de isto as peñas asistentes soliciaron á R. e I. Cofradía da Dorna a desaparición dos indultos nos xogos dorneiros, esto ven debido ao indulto do magnífico avión das Caracolas en Xirolas no Voo sen motor do ano pasado, dende a Cofradía entendese o xesto do indulto pero rogase que non existan esas diferencias e que se asuma que todas as construccións dorneiras teñen como obxetivo participar e eso pode implicar que non sobrevivan a cada singladura.
Tras isto fixose un repaso polos diversos xogos dorneiros preguntando si as peñas que os organizaban querían continuar, as peñas presentes confirmaron os seús xogos, no obstante quedaron moitos abertos para a seguinte asamblea debido a falta de representación de numerosas peñas colaboradores. Esperase pechar a citada colaboración na Cuarta e derradeira asamblea de peñas, dende a R. e I. Cofradía da Dorna invitase a asistir a todolos peñeiros e sobre todo a colaborar para que todas as actividades poidan continuar e si pode ser engadir algunha máis.
Nesta asamblea apuntaronse dúas peñas novas: Os Meljachos van de Capachos e As Luras andan duras.
Xa fora da Festa da Dorna en si, recolleronse varios formularios para facerse socios da Asociación Cultural R. e I. Cofradía da Dorna, agora só se poderán entregar vía mail: real-e-ilustre@cofradiadadorna.com ata o 15 de Xuño de 2013, xa que as cuotas se pasarán o Luns 17 de Xuño.
Por último varias peñas se inscribiron no Torneo Benéfico de Futbol entre Peñas, non o deixedes para mañán apuntadevos xa en real-e-ilustre@cofradiadadorna.com os equipos poderán ser mixtos, primeiras rondas xogaranse a futbol 7 e a final a futbol 11. O torneo é a beneficio do Banco de Alimentos da Cruz Bermella polo cal todos os xogadores/as e o público deberan aboar 2Kilos de alimentos non perecederos ou 2€ que serán gastados en alimentos.
Que non se quede fora a túa peña!!!
As peñas asistentes á terceira asamblea foron:
-Cabuxos do Mar
-Lenjuados Envriajados
-Pescadillas con ladillas
-Feitos Polvo
-As Truchas chuchan chuchas
-Berberechos Asasinos
-Os Pintos joden Quintos
-Tabeiróns Caralludos
-Me aplaude la almejita
-Caracolas en Xirolas
-Muxo Beti
-Arría o Jallo
-Carallos de Rei