
Trala regata todos a cambiarse e poñerse as súas mellores galas (deixate aconsellar por mamá) para asistir ao Baile de Gala da Festa da Dorna, que voltará a celebrarse no Círculo Mercantil de Ribeira dende as 23:32 e estará amenizado polo dúo ribeirense La Noria. Alí farase entrega da Flor natural que este ano realizaou a peña Sija la Raia e contarase coa participación de varias peñas na porta para axudar a controlar o acceso ao baile tal e como se acordou nas asambleas de peñas.
Ademáis como cada ano entregaránse os premios a dorneiros ilustres, peña ilustre e sobre todo o máximo distintivo da R. e I. Cofradía da Dorna a Poutada de Ouro que cada ano se entrega a unha persoa que fixo moitísimo pola festa e pola propia Cofradía da Dorna.
Por último esperase respeto por esta actividade e como xa se comentou en innumerables asambleas, en tódolos carteis e ademáis é unha tradición histórica desta primeira actividade da Festa da Dorna dende o 1948, é requisito imprescindible vestir de gala para acceder ao Baile, con esto tamén se quere aclarar que vestidos de praia, changletas, tenis, calzado deportivo, camisetas, polos, vaqueros, pantalóns cortos e similares non é gala. Evita discusión innecesarias só asiste ao Baile si vas de gala.
Si eres socio da R. e I. Cofradía da Dorna, recibiches a túa cuota e todavía non viñeches a recoller o teu carnet poderás facelo este mismo Sábado 10 de Agosto de 12:00 a 13:30 no local da R. e I. Cofradía da Dorna, palco de pedra. Esperámoste!!!!