viernes, 26 de julio de 2013

APLAZADAS ACTIVIDADES SABADO 27 XULLO

A Asociación Cultural R. e I. Cofradía da Dorna toma a decisión de aplazar as actividades previstas para o Sábado 27 de Xullo de 2013, dentro da LXV Singladura da Festa da Dorna, con ánimo de solidarizarse coas víctimas do tráxico accidente ferroviario acontecido en Santiago e cos seús familiares, apoiando así os 7 días de luto declarados pola Xunta de Galicia.


As actividades previstas para ese día pasarán a organizarse o vindeiro Sábado 10 de Agosto para así non pisar as Festas de Agosto. Estas actividades son a Regata de Dornas a Remo, organizada polos Berberechos Asasinos, celebrarase ás 17:02 no porto de Ribeira e o Baile de Gala que se celebrará ás  23:32 no Circulo Mercatil de Ribeira e aprobeitamos para insitir na necesidade de vestir de gala para acceder a o Baile. Alí realizarase a entrega do máximo distintivo da Festa da Dorna, a Poutada de Ouro.