jueves, 31 de octubre de 2013

Derradeira semana para apuntarse á CEA BENEFICA

O vindeiro Sábado 9 de Novembro ás 21:30 no Restaurante Baiuca terá lugar a Primeira Cea Benéfica da R. e I. Cofradía da Dorna. A cea terá un custo de 35 € e o beneficiario desta primeira edición será a Asociación contra o Cancer de Ribeira.

Si estas interesado/a en asistir, apeteceche pasar unha boa noite entre dorneiros/as e ademáis colaboras nesta iniciativa benéfica. Xa sabes non o deixes para mañan pois esta é a derradeira semana para apuntarse o listado pecharase o Domingo 3 de Novembro ás 23:59 e o derradeiro día para ter realizado o pago será o Martes 5 de Novembro, estas datas son necesarias para ter un marxe de maniobra, así que: Apuntate XA!!!!!!!!

Apuntate no formulario que atoparás en www.cofradiadadorna.com poderás consultar aquí o listado de reservas.

Dende a R. e I. Cofradía da Dorna temos que agradecer a Jesus Parada Miniño da peña Carallos de Rei, gañador do premio Salvador Daquí na LXV Singladura da Festa da Dorna, que nos fixese este diseño de cartel e ao igual que na Cea Baile 2012 siga a colaborar coa Cofradía.

 Xa estamos perto de 150 reservas, non te quedes fora!!!!!!!!!!!!!!