jueves, 17 de octubre de 2013

Primeira Cea Benéfica da R. e I. Cofradía da Dorna

A Asociación Cultural R. e I. Cofradía da Dorna vai celebrar o vindeiro Sábado 9 de Novembro de 2013, as 21:30 no Restaurante Baiuca a súa Primeira Cea Benéfica. Este ano será a favor da Asociación Contra el Cancer de Ribeira debido á importantísima labor que exerce. A cea ten un custo de 35€ e un limite de 300 prazas.

Para asistir á Primeira Cea Benéfica da R. e I Cofradia da Dorna deberase resarvar praza na web www.cofradiadadorna.com, donde está preparado un formulario cos datos necesarios para facer a reserva, unha vez enviado aparecerache un enlace ao listado de reservas donde te atoparás inscrito pasado un máximo de 5 minutos. Tras facer a reserva recibirás un correo indicandote os pasos seguintes para confirmar túa praza na Cea.

Esta iniciativa nace como continuación da Cea-Baile 25 Aniversario das Peñas Dorneiras, celebrada no ano 2012, a idea e facer un evento similar destacando o caracter benéfico do acto e trantando de facer un evento anual. Na cea Aniversario das Peñas conseguiuse facer un donativo de 400€ a Cáritas Parroquial, entidade moi implicada na vida ribeirense destacando o seu comedor social e ademáis moi cercana á Cofradía da Dorna, colaborando dende fai moitos anos na Canción de Tasca da Festa da Dorna.
Con esta actividade pretendese manter o espiritu benéfico que durante diversas épocas estivo ligado á Festa da Dorna e hoxe en día pretende manter a R. e I. Cofradía da Dorna con incitivas como esta Cea ou a Liguilla de Futbol Benéfica entre Peñas Dorneiras celebrada o pasado mes de Xuño.


Non deixes de reservar a túa praza!!!!!!!!