A LXII Singladura da Festa da Dorna iniciouse o Venres 22 ás 12:07 da mañá co percorrido do Facho dorneiro polas rúas de Ribeira, aquí unha foto dos corredores.
Despois de xantar a Festa continuou por todas as Fanequeiras do Municipio de Ribeira co Enjalanamento de Fanequeiras na que o xurado tivo que ir de parroquias ademáis de percorrer cada recuncho da cidade.
Ás 21:07 iniciouse a mostra de Danzas do mundo a cargo da escola O Tomasón na que todos os dorneiros viron unha demostración do que tíñan que facer esa noite no Juateke.
Dende as 23:32 co himno dorneiro como bandeira de saida iniciouse o Juateke donde montes e moreas de dorneiros procederon a colaborar coa festa vindo a mover o esquelete ata que o corpo ajuantou.
Xa no día de onte, sabado 17 de Xullo, ás 16:04 aproximadamente iniciaronse os xogos de terra donde todos os dorneiros, competiron nos concursos mais singulares.
Pola noite a canción de tasca donde se batiron records de participación en numero de peñas, ás 6 campeonas dos recorridos cantaron na final, celebrada como é costume no atrio da Igrexa de Ribeira, e de donde saiu o unico gañador. Cando todo esto rematou apareceu a charanga o Santiaguiño e fomonos todos bailando con eles polas rúas.
Hoxe dende as 17:07 teremos a Concentración de Carrilanas o Jran prix pola costa da mamoa , o rock in muxo e o macro karaoke....
Avante sardiñeiro!!!!!!!!!!