jueves, 1 de julio de 2010

Sudadeiras, asamblea, remo...

O próximo sabado 3 de Xulio de 2010, ás 20:07 horas no Conservatorio Municipal (edificio anteriormente coñecido como Casa da Cultura), terá lugar a cuarta e derradeira asamblea de peñas de cara á LXII Singladura da Festa da Dorna. Nesta asamblea pretendense pechar o rockandorna os xogos dorneiros e as peñas que os organizan, así como contar coa colaboración das distintas peñas nas actividades que organiza a cofradía, juateke, chiringuitos, concertos... Sin vós, non é posible, colaborade coa vosa festa.
Este sabado parece ser que a selección española de futbol pisounos parte do horario da asamblea, xa non hai respeto. Para que todo sexa fluido, a ver si somos todos puntuais ou incluso chegamos antes da hora para rematar prontiño e deixar todo atado e ben atado, antes do partido.

Hoxe 1 de Xullo de 2010, ás 17:01 puxeronse á venta ás esperadas sudadeiras dorneiras. No mesmo sitio de sempre, Podium Sport, sito na rúa 9 de agosto, Ribeira. Aquí tedes o mapa para ir dende o concello.

O Precio das sudadeiras tamén é o mismo 13€, tratade de levar os cartos xustos, despois que ninguén proteste porque non teñen cambio.

Por último e non menos importante, mañán ás 11:00 iniciase a escola de remo creada pola R.e I Cofradía da Dorna, en colaboración co Concello de Ribeira, o Clube Nautico de Ribeira e mais o Clube de Remo da Pobra do Caramiñal.


A 15 días de que suba a marea dorneira!!!!!