O pasado sabado 3 de Xullo de 2010, no conservatorio municipal (ex-casa da cultura) tivo lugar a cuarta e derradeira asamblea de peñas de cara á LXII Singladura da Festa da Dorna, a participación foi mellor da esperada, tendo en conta o partido de futbol, 44 dorneiros en representación de 18 peñas.
Nesta reunión cubrironse os organizadores dos xogos que quedaran por cubrir na anterior asamblea, e recibiuse colaboración de varias peñas nas actividades que organiza a R. e I. Cofradía da Dorna durante a propia festa, ainda así se precisa mais colaboración na propia festa.
Hai xogos que precisan de inscripción previa para poder levalos acabo, para inscribirse á Canción de Tasca hai follas en Pepe de Noia, tamén alí podedesvos apuntar ao Enjalanamento de Fanequeiras ademáis de na Caseira.
Para incribirvos ao Facho dorneiro, que se vexa o deportista que levas dentro, poñedevos en contacto coa cofradía: real-e-ilustre@cofradiadadorna.com e non demoredes demasiado. Que xa se nos ven todo enriba!!!!.
As peñas representadas na asamblea foron:
-Arría o Jallo.
-Estou que escacho.
-Carallos de Rei.
-Ratos da Illa.
-Mexillóns con toxina non se come coxina.
-As Javotas máis Jopas.
-Pateiros Palangreiros.
-Llapras do Stop.
-Persebes epiléticos.
-Os Percebes fan os deberes.
-O Rapante do Mercante.
-Tallantes con tirantes.
-Sentolos e duascentas tolas.
-Vikinjos da Tomasa.
-Cajaboi Island.
-Derape mental.
-Cabuxos
-A peña dos pescadillas vamos de botellón ao mesón capilla.
-A peña dos pescadillas vamos de botellón ao mesón capilla.
A 10 días de poñer a pañoleta sintese a chegada da marea dorneira. Avante Sardiñeiro!!!!!!!!!!!