Dentro do ciclo de andainas Ponte a Andar 2010-2011 que organiza a Asociación Cultural Real e Ilustre Cofradía da Dorna coa colaboración do Concello de Ribeira, como ven sendo costume organizamos unha andaina especial como fin de esta actividade, tratase da Andaina en Barco que este ano vai ser á Illa de Ons, parque natural das Illas Atlanticas, a andaina constará de unha viaxe en barco dende ribeira ata Ons, unha andaina polos mellores paraxes da Illa e pola tarde volta en barco a Ribeira, esta actividade ten un custo por inscripción de 15€ e haberá dúas viaxes unha o sabado 4 de Xuño ou o domingo 5 de Xuño, as prazas son limitadas á capacidade do barco, así que corre a apuntarte na páxina da cofradía da dorna, donde atoparás toda a información, preme na foto de ponte a andar e alí terás o formulario, as condicións e necesidades para a actividade, o lugar e hora de saida e un contacto para calquer dúbida que che poida asaltar.
Non o penses máis vente de andaina por ONS!!!!
Non o penses máis vente de andaina por ONS!!!!