martes, 21 de mayo de 2013

Conclusións Segunda Asamblea

O pasado Sábado 6 de Maio de 2013 tivo lugar a Segunda Asalmblea de Peñas de cara á Celebración da LXV Singladura da Festa da Dorna, alí xuntaronse perto de 60 peñeiros con fin de sacar adiande a orde do día.
O primeiro punto foi a presentación e posterior votación a man alzada dos carteis dorneiros participantes no Premio Salvador Daquí, houbo catro carteis participantes dos cales saíu gañador: Jesus Parada Miniño da peña Carallos de Rei, este é o seu cuarto premio é o terceiro consecutivo. Todo un veterano neste concurso e ademáis un colaborador habitual da cofradía, xa que diseñou unha camiseta, ademáis dos carteis, fotocol e as chapas da Cea-Baile 25º aniversario da creación das peñas dorneiras.

 
A continuación realizaouse a presentación dos 3 deseños de sudadeiras dorneiras participantes no  Premio A Jata ruín de la Praia e trala votación a man alzada saíu gañador por segundo ano consecutivo Xavi Falque da peña A Nasa o cal debutou neste concurso o ano pasado gañando e volveu ser o máis votado este ano co seu homenaxe aos miticos gorros de dorna do exame de patróns mezclado cun Elvis gaiteiro.

Presentaronse dúa peñas novas: "A ver sijalas" e outra que ainda non ten nome confirmado.

Ademáis de esto presentaronse varias propostas de cara á LXV Singladura da Festa da Dorna:
-Arría o Jallo propuxo colaboración das peñas para grabar videos do Maratasón e así mostrar en que consiste este xogo dorneiro que so se disfruta participando e maioría da marea dorneira descoñece, ademáis de esto anunciaron que na seguinte asamblea presentarán as bases do Jran Prix de Carrilanas para que todo interesado sepa as normas por anticipado e evitar posibles discusións a posteriori si algunha peña é eliminada por non cumplilas.
-Os Carallos de Rei ademáis de agradecer a proposta de Arria o Jallo para o Maratasón, presentaron unha nova actividade para este ano: O Carnaval Dorneiro que terá lugar despois das carrilanas e será un concurso de disfraces no que se premiará o Feito na Casa, haberá música e as categoría tipicas: individual, parella, grupo (mais de dous) e algun premio especial se procede, a súa máxima e un Carnaval sen frío e ti de que vas ir...
-Os Pintos Joden Quintos que están de décimo aniversario e van organizar un macroKaraoke despois do Carnaval Dorneiro e das Carrilanas, eles preparan o equipo e ver quen da o cante.

O derradeiro punto que tiña realición inmediata coa LXV Singladura da Festa da Dorna foi O Baile de Gala, donde se recordou a tódolos presentes que é imprescindible vestir de gala para asistir, e como non é de obligada asistencia agradecese que si non se vai de gala, xa non se vaia ao baile, así evitaranse discusións sen sentido na porta. Para non ter dúbidas aclarouse que o calzado deportivo, as changlas, os vaqueros, as camisetas, polos e vestidos de praia non son roupa de gala como é evidente. O Baile de Gala é a actividade orixinal da Festa da Dorna e como este ano cumpre 65 anos a cofradía espera un respeto a todos os asistentes é á propia actividade en si.

Por outro lado fixaronse as datas do Torneo Benefico de Futbol entre peñas para o fin de semana do Sabado 29 de Xuño, este torneo constará de eliminatorias entre peñas xogadas a futbol 7 e a final a futbol 11 os equipos poderán ser mixtos. A asociación beneficiaria esta vez será a Crux Bermella, en concreto o seu Banco de Alimentos. Acordouse unha entrada de 2Kilos de alimentos non perecederos ou 2€ que se gastaran en comida non perecedera, xa que a doación será integra en comida. A entrada será tanto para os xogadores ou xogadoras como para os público. Apuntádevos dende xa no email: real-e-ilustre@cofradiadadorna.com indicando no asunto: "Torneo Futbol Peñas"

Tamén se comentou que este ano hai Encontros de Embarcacións Tradicionáis e como sempre a R. e I. Cofradía da Dorna vai asistir levando as súas tres dornas activas: Dorna Nai, Dorna Virxe do Carme, Dorna Jalerna. Este ano toca no Freixo dende o 11 ao 14 de Xullo. Si queres formar parte da tripulación e pasar uns días facendo saídas en dorna anotate dende xa no email: real-e-ilustre@cofradiadadorna.com indicando no asunto: "Encontros Freixo 2013". Para participar nesta e en todas as actividades da Escola de Vela e imprescindible ser soci@ activo da Asociación Cultural R. e I. Cofradía da Dorna.

Por último recordouselle a todos os asistentes que este ano farase a renumeración de soci@s dorneir@s, as cuotas pasaranse a mediados de Xuño e tras estas cuotas farase a nova numeración. Si queredes facervos socios enviade o formulario de abaixo (copiar e pegar en documento de texto) ao email: real-e-ilustre@cofradiadadorna.com indicando no asunto: "Socios Dorna" ou imprimide e entregade na próxima asamblea, este formulario sirve tanto para que socios poidan actualizar os seus datos como para facerse novos soci@s.
Non perdas o teu número histórico, actualizate!!! e si non, a que esperas para formar parte de esta historia???

Peñas asistentes á asamblea:
-Cabuxos do Mar                          -Sija la Raia                              -Derrape mental
-Persebes epilépticos                    -Estou que escacho                   -A Nasa
-Muxo Beti                                   -Carallos de Rei                        -Comando Dorneiro
-Arría o Jallo                                -Tabeiróns Caralludos               -Feitos Polvo
-Parrochas Papudas                      -Os Pintos Joden Quintos         -Kajaboi Island
-Ratos da Illa                                -Mexillóns + Cabróns               -Curubelo culo quero
-Me aplaude la almejita                -Os Rapantes                             -Caracola en Xirolas
-Ollomol en Formol

Formulario para actualizar os teus datos ou para facerte dorneiro acreditado:
________________________________________________________________________________
Datos  Peroais/Datos Personales:
·         Nome/Nombre:……………………..
·         Apelidos/Apellidos:……………….
·         DNI:…………………………………………
·         Peña:……………………………………….
·         Son socio: (SI/NON)………    
·          Nº Socio:……….
·         Enderezo/Dirección:……………….
·         CP:…………………………………………..
·         Teléfonos de contacto:……………
·         Correo-e:………………………………..
Autorización Bancaria:
Sr. Director ou Directora da Caixa ou Banco:……………………..
Enderezo da oficina:…………………………………………………………..
Prégolle que acepten os recibos correspondentes á cuota como socio/a da Asociación Cultural R. e I. Cofradía da Dorna de Ribeira por valor de 10€ ao ano con cargo á miña conta,
Nº de conta(20 díxitos):     ____-____-__-__________

Sr. Director o Directora de la Caja o Banco:……………………..
Dirección de la oficina:…………………………………………………………..
Ruego  que acepten los recibos correspondientes a la cuota como socio/a de la Asociación Cultural R. e I. Cofradía da Dorna de Ribeira por valor de 10€ al año con cargo á mi cuenta,
Nº de cuenta (20 dígitos):     ____-____-__-__________

                                                                                                         Para que así conste asino/firmo:
 

__________________________________________________________________________________