martes, 28 de mayo de 2013

Terceira Asamblea de Peñas LXV Singladura Festa da Dorna

Este Sábado1 de Xuño de 2013, ás 20:01 na Casa do Mar de Ribeira terá lugar a Terceira Asamblea de Peñas de cara a Celebración da LXV Singladura da Festa da Dorna, alí trataranse temas de suma imporacia para a festa co son a organización dos múltiples xogos e actividades que conforman a nosa festa.
As peñas poderán confirmar si continúan organizando os xogos e os chirinjitos que levaron en anos anteriores, si non outras peñas poderedes facervos cargo tanto de xogos libres como de chirinjitos, ademáis si tedes algunha idea que vos gustaría levar a cabo é o día de falalo, non esquezades que esta festa facemola entre todos é para todos.
Tamén como cada ano será necesaria colaboración das peñas para sacar adiante o Juateke Dorneiro, apuntadevos, canta máis sexamos colaborando menos esforzo será necesario. Por outro lado os grupos interesados en participar no Rockandorna do país podedes informarvos nesta asamblea e si estades pensando en facer unha peña nova vindevos apuntar e formade parte dende xa da Festa da Dorna
Non esperes máis para vivir por enteiro o Espiritu Dorneiro, colabora coa túa festa!!!

Xa fora da festa tratarán de pecharse as inscripcións para a liguilla de futbol entre peñas e aclarar calquera tipo de dúbida sobre este acto que terá lugar o derradeiro fin de semana de xuño.
Na asamblea poderedesvos apuntar para os Encontros de embarcacións tradicionais (segundo fin de semana de xullo no Freixo) e recordade que é unha actividade só para socios activos.
Por último recolleranse as inscripcións de todos os interesados/as en facerse dorneiros acreditados ou en actualizar os datos para non perder o voso número histórico.

Para todo o que precises real-e-ilustre@cofradiadadorna.com


A 50 días do inicio da Festa da Dorna. Xa comeza a subir a marea!!!