miércoles, 13 de julio de 2011

Conclusións Derradeira Asamblea de Peñas

O pasado Sabado 9 de Xullo de 2011 ás 20:03 na Casa do Mar de Ribeira, tivo lugar a cuarta e derradeira asamblea de peñas dorneiras de cara á celebración da LXIII Singladura da Festa da Dorna. Os temas princiapais a tratar foron pechar todas as cuestions relativas á organización de Xogos e Actividades da Festa da Dorna 2011 . Así os xogos que quedaran sin confirmar, foron ratíficado polas mesmas peñas ou asumidos por novas peñas deseosas de colaborar.

A Rejata Cutre Shark de embarcacións Feitas a Machada e Propulsadas a Pan de Millo vai seguir sendo organizada polos Persebes coma Puños e contarán coa colaboración da peña nova Me Aplaude la Almejita, dentro dos Xogos de Terra, os Xogos para nenos serán organizados polo Mexillóns + Cabróns e si o precisan contaran coa colaboración dos Cao Boys, tamén inscribiuse o novo xogo O Neimar Dorneiro (Lenjuados Envriajados), o Tiratacos voltará a ser organizado polos Persebes coma Punhos e Cajaboy Island continúa con Mecajo na dieta e Malote's Party. Volta o Xogo tradiciona a Billa  o cal será orgnaizado en colaboración por Arría o Jallo e Berberechos Asasinos. Dentro dos Xogos de Mar os Rape´s confirmaron a súa continuidade con Isa-la Candorca e Lansamento de Risón ambos xogos teñen versión masculina e feminina, os Cao Boys continúan con Saltos dende o paredón e Cajaboy Island co Achikeitor. Por outra banda o Maratasón (Carallos de Rei) confimouse que será ás 21:00 do Mercores 20 de Xullo e a final ás 17:00 do 24 de Xullo durante a Romería Dorneira. As Lampreas máis Preas continúan coa organización da Macroqueimada e o Exame de Patróns será organizado por Cajaboi Island. Recordaselle a todalas peñas novas que o Xoves 21de Xullo ás 22:00 deben presentarse no Palco para tratar de superar o Necesario Exame de Patróns, condición indispensable para ser peña dorneira e poder participar en todolos Xogos e Actividades Dorneiras.

As peñas Feitos Polvo, Carallos de Rei, Sija la Raia, as Robalisas e CAo Boys unironse os Pateiros Palangreiros, Pintos Joden Quintos e A NAsa para colaborar no Juateke dorneiro feito que a R. e I. Cofradía da Dorna agradece moito. Ademáis cancelouse a actividade prevista Rock in Muxo, polo cal retrasarase o inicio as Carrilanas.

A R. e I. Cofradía da Dorna solicita respeto por todos os corpos de seguridade do estado (protección civil, policía local e policía nacional), polas peñas organidadoras de cada unha das actividades e por todos eses dorneiros que botan unha man, os cales colaboran para que a Festa da Dorna se leve adiante da mellor maneira posible. Así que recordase a todolos asistentes que nas carrilanas non se pode sair das beirarúas e si hai xente na calzada paranse ata que se retiren.


En canto ao tema de anotarse a concursos, xa están abertos os listados:
-Maratasón (ata as 19:00 do 20 de Xullo no Castelao) deixar unha nota na caixa correspondente donde estarán as bases para participar. (Carallos de Rei)
-Enjalanamento de Fanequeiras (en Pepe´s ou no Capri ata o 19 de Xullo) apuntarse na lista. (Ratos da Illa e Muxo Beti)
-Canción de Tasca (en Pepe´s ata o 20 de Xullo) apuntarse na lista. (Tabeiróns Caralludos)
-Facho Dorneiro (ata o 18 de Xullo) no email real-e-ilustre@cofradiadadorna.com (Os Serráns máis Marráns)

En canto ao voo sen motor repartironse unhas follas coas bases do concurso para que non quede lugar a dúbidas que publicaremos a continuación.

Por último recordouselle aos asistentes que xa se pasaran as cuotas dos socios e que todos aqueles socios que non recibiran a súa cuota e estean interesados en continuar sendo socios da Asociación Cultural Real e Ilustre Cofradía da Dorna deben poñerse en contacto: real-e-ilustre@Cofradiadadorna.com para actualizar os seus datos. Os Novos socios que non recollestedes os vosos carnets de Dorneiro Acreditado debedes poñervos en conctaco coa Cofradía no mesmo email ou pasadevos o Mercores 20 de Xullo pola mostrador do churrasco que haberá durante o Rockandorna do país.

Cabe citar que dita asamblea contou con 80 asistentes en representación de 35 peñas dorneiras:
-Comando Dorneiro
-Carallos de Rei
-Muxo Beti
-Me aplaude la almejita
-Os Pintos Joden Quintos
-Os Serráns máis Marráns
-Cajaboi Island
-Ratos da Illa
-Cabuxos do Mar
-Vikinjos da Tomasa
-De rape mental
-Pintos de Verán
-As fanecas van ás Suecas
-As volandeiras en salsa de chumeira
-Que polbaso tes
-Sija la raia
-Isco de Jalisco
-Pescadillas con ladillas
-Las cigalas del Koala
-The lirios tremens
-Estou que eskacho
-Os mexillóns + cabróns
-As riquesas da ría
-Estudias, traballas ou colles navallas
-O Rapante do Mercante
-Parrochas Papudas
-Feitos Polbo
-Lenjuados envriajados
-Tallantes con tirántes
-As Navallas de Palmeira van de putas a Ribeira
-Cao Boys
-Arría o Jallo
-As Javotas van Jopas
-Caracolas en Xirolas