jueves, 14 de julio de 2011

Música na LXIII Singladura da Festa da Dorna 2011

Na LXIII Singladura da Festa da Dorna como non podía ser de outra maneira teremos Rock&Dorna para rato e actuacións musicais que non nos deixaran parar os pes quietos.

O Mercores 20 de Xullo primeiro día da festa teremos no parque García Bayón o Rockandorna do país que contará este ano coas acutacións dos grupos Ribeirenses: 8 Ferrados, Talón de Aquiles, Generación Perdida, De Fe Caos, Entrelíneas e Basura de la Buena. Son xente que ven a tocar demostrando a súa implicación coa festa e facendo gala do espiritu dorneiro que convertiu esta festa no que é.

O Xoves 21 tralo exame de Patróns teremos RockanDorna con The Covers capitaneados por Fernado Peón un clasico da festa dorna. Son unha banda de versións que replican cunha calidade indistinguible os mellores grupos de rock do panorama músical e veñen dispostos a dar una grandisimo espectáculo na Festa da Dorna. Cando os The Covers xa non podan máis chegará o asalto ás fanequeiras amenizado pola charanga A Tuna Nejra formada por dorneiros todos compoñentes dunha das peñas con mais ritmo da Festa da Dorna, que non deixan descansar aos seus instrumentos a sol nin a sombra e fanche un ritmo co que se poña por diante.

O Venres 22 toca Juateke dorneiro e alí teremos o DJ RITS facendo que pasemos unha gran noite coa súa enorme seleción musical preparada específicamente para a Festa da Dorna.

O Sabado 23 tocalle cantar ás peñas no Certame Itinerante de Canción de Tasca e as que mellor o fagan ou mais puntos leven terán que demostralo na final do certame que se celebrará no Atrio da Iglesia. Alí chegará a charanga o Santiaguiño para amenizar a noite de festa durante o asalto ás fanequeiras. Esta charanga debutou cun gran exito debido o seu múltiple repertorio, veremos con que nos sorprenden este ano.

O Domingo 24 de Xullo sobe a marea dorneira e xa de mañanciña teremos a charanga Os Jalochos amenizando a Expovarada de embarcacións Feitas a Machada e Propulsadas a Pan de Millo e máis todo o camiño ata o campo de regatas. Esta charanga formada por dorneiros de toda a vida animaranos e seguro que nos fai agachar algunha vez a ritmo de Gaitas e Panderetas. Pola tarde no TOP SECRET voltaran Os JAlochos a dalo cayo e uniraselles os ultraconocidos Kilomberos de Montealto. que levan moitos anos vindo a Festa da Dorna xa que encaixarón perfectamente co espiritu da festa e que teñen unha chea de incondicionais que non os deixan nin voltar para a casa.
Xá a noitiña chega o prato forte o Rock&Dorna fin de festa que este ano contará coas bandas:

Miguel Costas: ex-componente e fundador de Siniestro Total, Los Feliz e Aerolineas Federales. Este ano presentou novo disco coa súa bande e na Festa da Dorna vai demostrar que sigue en plena forma facendo repaso da súa traxectoria cantando imnos que levantan aos mortos e novas cancións que serán imnos do futuro.

 






Ruxe-Ruxe: un grupo galego de pura cepa. Son de Arins (Santiago) pero poderían ser de padín (Ribeira) pois a súa música transmite festa por tódolos costados e cando falamos de festa falamos da Festa da Dorna. Farán as delicias de todolos presentes xa que veñen dispostos a dar o callo para poñer a saltar e bailar a toda a marea dorneira.

Himno da Dorna: a cargo de un conxunto de dorneiros de pró que saben o que significan estas liñas mais que ninguén. Non deixes a pañoleta na casa, vaiche facer falta!!!!.

Tralos concertos poderemos bailar e cantar o mitico "titití-tititirí" coa batuka dos Kilomberos de Montealto que nos acompañarán durante o asalto ás fanequeiras ata a mañanciña, cando nos tocará cantar o miudiño de volta para a casa mentres arriamos as pañoletas.

O Sabado 30 de Xullo tocará vestir de gala, ou si non xa non veñas, para bailar ajarrado no Baile de Gala da LXIII Singladura da Festa da Dorna (63 aniversario do primeiro Baile da Dorna) que este ano celebrarase no Círculo Mercantil de Ribeira e estará amenizado polo Dúo Yesterdey, que sendo da Coruña colleron moi ben a idea do baile e voltan para amenizar un dos días mais emotivos e tradicionais da festa, que se manten dende o inicio no 1948.