miércoles, 6 de julio de 2011

Derradeira asamblea de Peñas Dorneiras

O Vindeiro sabado 9 de Xullo terá lugar a cuarta e derradeira asamblea de peñas de cara a LXIII Singladura da Festa da Dorna, como gran novidade celebrarase no SALÓN DE ACTOS da CASA DO MAR de RIBEIRA ás 20:03 non faltes a esta última oportunidade de participar na organización da túa festa e botar unha man á xente que traballa por esta festa.
Alí falarase dos Xogos e Actividades Dorneiras, reparto de colaboración, si te fixestes socio poderás recoller o teu carnet e ademáis si queres propoñer calquer actividade este é o lugar. Si queres formar unha peña nova tamén é o momento de dicilo, poderás apuntar á túa peña o Facho Dorneiro actividade inaugural da Festa da Dorna 2011 e preguntar dúbidas aos organizadores das actividades presentes.

Por todo esto e por que faltan quince días ESPERAMOSTE NA ASAMBLEA!!!!!!!!!!


AVANTE SARDIÑEIRO!!!!