jueves, 14 de julio de 2011

Normas do Jran Premio Ícaro de Voo sen Motor


JRAN PREMIO ÍCARO DE VOO SEN MOTOR

BASES DE PARTISIPASIÓN:

Introdussión: Tendo en conta que o “voo sen motor” é unha das principais actividades da Festa da Dorna e que lle dan identidade, ademais de disfrutar coma enanos tódolos peñeiros facendo o aparello voador, e lojo chimpándose ás cristalinas ajuas do porto tratando de elevar o voo; a peña orjanisadora VIKINJOS DA TOMASA (e aljún ajrejado máis que somos moi poucos e nesesitamos que nos botedes unha man), propuxemos na asamblea de peñas a posibilidade de “tematizar” a actividade para que dentro dun mesmo fio conductor as peñas lle deran á cachola (ou bateran co craneo contra unha pedra a ver o que sale de ahí) e trataran de inventar aparellos que non só teñan que voar o máis lonxe posible, senon tamén ter  un mínimo de “armonía” (xa está ben de tanto friki cun jlobiño na cabesa, ou cunha capa de superheroe... asumídeo: eso non vos vai faser voar).

Como unha das actividades principais da Festa da Dorna queremos pedirvos un pequeno esforso (pero non tanto coma cando lle dades unha visita ó Sr. Roca, que xa bastante emporcado está o porto como para que veñades co chapapote pola popa), e tratar de tunear o voso VOO SEN MOTOR coma se fora unha NAVE ESPASIAL: vale calquer cousa que teña relasión ca temática, dende a sonda Voallaller, ata as naves da Jerra das Jalasias, ou de Avatar. Só se pide que naljunha ocasión surcaran o espasio sideral, para agora surcar o porto da sentenaria.

O sistema de puntuasión que empregaremos será moi sinxelo:
 
- APARELLO TUNEADO: Aqueles que teñan relasión ca temática (o jlobiño na cabesa e a capa de batman non contan, por moito que tratedes de explicalo) poderán puntuar ata 3 puntos, e ollo que esto é coma nas ofertas: ATA 3 PUNTOS (1, 2 ou 3). Namentres que os aparellos que non veñan tuneados poderán acadar coma máximo 2 puntos.

- ESPECTACULARIDADE:  
Que non todo sexa chejar á pista de despeje cun armatroste moi jopo, plantalo na beira do porto e lansalo o máis lonxe posible. Estamos para pasalo ben, para larjar unhas risas todos xuntos, e a “representasión” que montedes cas dotes de artistas que atesorades aljún/aljunhas de vos ben pos pode permitir acadar ata outros 3 puntos máis. Valoraranse si os pilotos veñen tamén tuneados (disfrasados), si teñen un jión peliculero ben montado, e sobre todo si están metidos no papel de “estrellas”.

- LANSAMIENTO:  
Non hai que esquerserse que esta é unha proba na que hai que surcar os aires, e premiarase con ata 3 puntos a aqueles que consijan chejar máis lonxe, ou faser máis cabriolas no aire, ou simplemente manterse levitando vensendo a jravedá (a jravedá da caida nas cristalinas ajuas do porto).

Coma en tódalas actividades dorneiras un xurado absolutamente imparsial, insobornable, e incuestionable, asinaralle a cada peña unha puntuasión en cada catejoría e janará aquela que acade máis puntos; e no caso de produsirse un empate, ese mesmo xurado imparsial, insobornable e incuestionable desidirá o janador. E non se aseptan reclamasións si non veñen acompañadas dun sorriso e de moita educasión. 

Lembrade que estamos aquí para pasalo ben, que un puñetero trofeo non vos/nos amarje a festa.