Últimos días para o inicio da LXIII Singladura da Festa da Dorna, as peñas dorneiras fan incapé en que non te esquezas de apuntarte aos concursos dorneiros:
-Maratasón (ata as 19:00 do 20 de Xullo no Castelao) deixar unha nota na caixa correspondente donde estarán as bases para participar. (Carallos de Rei)
-Enjalanamento de Fanequeiras (en Pepe´s ou no Capri ata o 19 de Xullo) apuntarse na lista. (Ratos da Illa e Muxo Beti)
-Canción de Tasca (en Pepe´s ata o 20 de Xullo) apuntarse na lista. (Tabeiróns Caralludos)
-Facho Dorneiro (ata o 18 de Xullo) no email real-e-ilustre@cofradiadadorna.com (Os Serráns máis Marráns).
Si non queres quedar sen sudadeira dorneira vai xa por podium sport pois estamos rematando a campaña 2011, únete a marea branca, a Festa da Dorna ponse ibizenca no 2011!!!.
As peñas Estou que escacho e Delirios Tremens están de 5º aniversario e van realizar actividades nas súas fanequeiras o Martes 19 pois os días da dorna están que reventan. Así que se che ferve a festa no peito podeste sumar ao concerto de Recambios Tucho no Capitán Morgan organizado pola peña Estou que Escacho sobre as 22:00 e tamén á Festa do Cu o Aire na Taberna do Riaso ás 24:00 fanequeira da peña Delirios Tremens.
Por último si non che pasaron a cuota para ser socio da dorna ou tes algunha dúbida sobre o tema, ponte en contacto coa Cofradía da Dorna: real-e-ilustre@cofradiadadorna.com