miércoles, 17 de julio de 2013

Aviso a Navegantes

Trala derradeira asamblea de peñas dorneiras celebrada o pasado 6 de Xullo de 2013, á cal asistiron perto de 60 peñeiros, quedaron pechadas todas as actividades da LXV Singladura da Festa da Dorna. Están repartidas todos os xogos, chiringuitos, turnos do Juateke e do Baile de Gala, confirmadas as actividades novas como son a Regata de Dornas a Remo que terá lugar o Sábado 27 de Xullo organizada polos Berberechos Asasinos, o Carnaval Dorneiro que terá lugar o Domingo 21 de Xullo organizado polos Carallos de Rei, xusto antes do Carnaval, 25º aniversario dos Ratos da Illa na Fanequeira Capri que contará cun concerto de A Rebanda e xusto despois  do Carnaval, 10º Aniversario dos Pintos Joden Quintos na Fanequeira Ventos Vellos que será un MacroKaraoke.

En canto a actividades que teñen matices temos as seguintes:
-Canción de Tasca (Tabeiróns Caralludos): non estarán permitidos instrumentos eléctricos, nin cds, so instrumentos tradicionais (guitarra española, gaita, pandereta,...) Apuntarse xa na Fanequeira Bar Plaza.
-Enjalanamento de Fanequeiras (Muxo Beti e Ratos da Illa) Apuntarse xa nas Fanequeiras Pepe's e Capri. Só poderán participara fanequeiras autorizadas.
-Top Secret: este ano só se poderá ir andando, non están permitidos vehiculos (nin tractores, nin camións, nin coches,....) e como nos últimos 20 anos non está permitida a auga no desfile nin na propia festa , o cal será motivo de expulsión da Festa da Dorna como tristemente aconteceu o ano pasado coa ex-peña Calamar do Miramar a cal quedou fora da Festa da Dorna por este motivo co cal non poderán participar en ningunha actividade dorneira, nin xogo algún ao non ser peña dorneira.
-Voo sen motor (Vikinjos da Tomasa): este ano non haberá temática nin indultos, toda peña que  queira participar terá que ir ao mar.
-Jran Prix de Carrilanas (Arría o Jallo): este ano para participar nos premios será obligatorio levar eixes de madeira contra rodas de madeira (madeira con madeira), si se leva tubo de ferro poderase baixar sin optar a premio. Ademáis coma todolos anos exisese un estado aceptable dos tripulantes e sobre todo levar casco para poder baixar.
-Maratasón (Carallos de Rei): Saida e apuntarse no Jarsía Bayón as 20:00, a final será despois durante o Rockandorna do país.
-Baile de Gala: impresindible ir vestido de gala para poder asistir, vamos como si túa nai te escollese a roupa da boda da túa irman (non vaquero, nin vestidos de praia, nin tenis, nin changletas, nin camisetas, nin polos,....). É unha actividade voluntaria que so ten ese requisito por favor colaborade e evitade discusións e malos tragos innecesarios.

Para rematar recordar que a Asociación Cultural R. e I. Cofradía da Dorna non autorizou a ningunha empresa, asociación, establecimento comercial ou de hostelería, nin particular a lucrarse cos simbolos da Festa da Dorna (sexan letras, flor ou carteis) nin da propia R. e I. Cofradía da Dorna (sexan logo ou símbolos). Tamén cabe mencionar que ser establecimento colaborador tampouco da permiso a lucrarse de vender os símbolos dorneiros tales como a flor da dorna. Todos os productos dorneiros legais anunciaránse no blog ou venderánse nos chiringuitos dorneiros (tales como chapas e sudadeiras). 
Non fomentes estas prácticas que perxudican á Festa da Dorna e a todas as actividades da Cofradía!!!

Tras o momento serio veñen máis novas, durante a Predorna teredes concertos nas fanequeiras:
- A Caseira:
            Martes 16: 23:00 A Rebanda,  
            Mércores 17 23:00 Litrisistas, 
            Xoves 18 23:00 The Covers + Dani DJ
-Capitan Morgan:
            Xoves 18: Almost Europe the band e Os Prestados)
- Bretema:
            Xoves 18: 23:00  Thais e Loren
-Abuela Gloria:
            Xoves 18: 23:00 A Rebanda


Peñas asistenteas a cuarta e derradeira asamblea de peñas:
Comando Dorneiro
Carallos de Rei
Arria o Jallo
Muxo Beti
Os Pintos Joden Quintos
A Nasa
Derrape Mental
As truchas chuchan chuchas
Delirios Tremens
Volandeiras en Salsa de Chumeira
Os Serrans mais Marrans
Mexillons mais Cabrons
As Sijalas do Koala
Pirañas van de Cañas
Kao Bois
Me Aplaude la Almejita
Caracolas en Sirolas
Ratos da Illa
Pescadillas con Ladillas
Lenjuados Envriajados
Berberechos Asasinos
Feitos Polvo



AVANTE SARDIÑEIRO!!!!!!