viernes, 5 de julio de 2013

Cuarta e Derradeira Asamblea de Peñas Dorneiras

Este Sábado 6 de Xullo de 2013 terá lugar a Cuarta e Derradeira Asamblea de Peñas Dorneiras de cara á Celebración da LXV Singladura da Festa da Dorna.Como as asambleas anteriores celebrarase no salón de Actos da Casa do Mar de Ribeira (debaixo do clube de Xubilados).
O principal tema a tratar será a organización dos múltiples xogos e actividades que conforman a Festa da Dorna, como na anterior asamblea quedaron abertos moitos xogos, sen confirmación dos organizadores e actividades con falla de colaboración, solicitase a tódalas peñas a asistir a esta derradeira asamblea, non esquezades que a Festa da Dorna facémola os dorneiros.

As peñas veteranas deberán confirmar xá se continúan a organizar os xogos, se collen os chirinjitos dorneiros e se voltan axudar no que levaron os anos anteriores, si non outras peñas poderán asumir ditos xogos ou chirinjitos xa nesta asamblea e ademáis tede en conta a necesidade de colaboración para poder levar adiante o Juateke Dorneiro, que é unha das actividades máis exigentes a nivel organizativo.

Como nas asamblea anteriores comentaranse todas as ideas que teñades, novas propostas de xogos e actividades, tede en conta que toda debe ser encaixados dentro da Festa, sin pisar as actividades que xa están en marcha. Si sodes peña nova a que esperades vindevos apuntar e comezade con ganas na Festa da Dorna, ademáis sabedes que si non vos apuntades non se vos poderá ter en conta para imprescindible Exame de Patróns.
Ademáis nesta asamblea serán presentadas as bases definitivas de diversos xogos tales como o Certame Itinerante de Canción de Tasca, o Jran Prix de Carrilanas, o Jran Premio Ícaro de Voo sen Motor, Rejata de Dornas a Remo,.... e para rematar os grupos interesados en participar no Rockandorna do País, que non o fixeran xá, poderán informarse nesta asamblea.

Non deixes de vir tomarase lista!!!!!!!!!

Xa está a subir a marea dorneira. AVANTE SARDIÑEIRO!!!!!!