martes, 16 de julio de 2013

Entrega novos carnets de Dorneiro Acreditado

Este Xoves 18 de Xullo a R. e I. Cofradía da Dorna fará entrega dos novos carnets a os socios e socias da Asociación Cultural R. e I. Cofradía da Dorna, a entrega farase no local da asociación (Palco de Pedra) en horario de mañán de 12:00 a 13:30 e de tarde de 21:00 a 22:30. Estes novos carnets xa están actualizados, unha vez feita a renumeración e tramitadas todas as baixas tanto as solicitadas, como as debidas a cuotas devoltas ou impago.

Si eres socio e estánseche pasando as cuotas, a última debeu chegarte a primeiros deste mes, vente a polo teu novo carnet de Dorneiro Acreditado. Si non recibiches a cuota fai o favor de poñerte en contacto coa cofradía canto antes: real-e-ilustre@cofradiadadorna.com non te quedes fora desta asociación.

Moitas Gracias a tod@s por interesarvos en formar parte desta asociación sin vos non sería posible levala adiante, manter as Dornas da Cofradía e a Escola de Vela, facer asa actividades que se levan adiante ao longo do ano (Torneo Benéfico de futbol entre peñas, Cea-Baile, La vos de Jalisia, Andainas en barco,...) e sobre todo a Festa da Dorna.