viernes, 12 de julio de 2013

Resultado I Torneo de Futbol entre Peñas Dorneiras


Esta nova iniciativa da Asociación Cultural R. e I. Cofradía da Dorna celebrada entre o Sabado 29 e Domingo 30 de Xuño foi todo un éxito. Contouse coa participación de 13 equipos de peñas dorneiras, algún deles foi unha fusión de peñas pequenas, houbo equipos mixtos como Os pintos joden quintos, Lenjuados Envriajados,...Tamén houbo bastante público tendo en conta que era o primeiro fin de semana con tempo de verán, 30ºC e o campo desprendía moitísima calor, pero pese a todo a marea dorneira sempre resposta e cando a cousa merece a pena moito máis. Entre xogadores/as, organizadores e público rondaronse as 300 entradas que como todo o mundo sabe podían ser 2€ ou 2 Kg de comida.
 
No total xuntaronse só no campo 236 Kg de comida non perecedera e cos cartos recaudados comprouse más alimentos xa aconsellados pola Cruz Bermella (270 botellas de aceite e 150 kg de peladillos) para chegar a un total de 656 Kg de alimentos conseguidos por todolos dorneiros implicados.
Representantes da R. e I. Cofradía da Dorna fixeron entrega no local da Cruz Bermella de Ribeira do recaudado no campo o pasado Sabado 6 de Xullo ás 12:00, mentres que o luns 8 de Xullo recibiron o aceite do HiperGadis e a fruta de Mercabarbanza para proceder o seu reparto instantáneo.

Por outra banda nos partidos do domingo houbo moita emoción resolvéndose varios partidos a penáltis, un de cuartos, unha semifinal e incluso a disputadísima final entre Os Pintos Joden quintos e As Javotas van Jopas. Antes da final celebrouse un sorteo entre todas as entradas que se lle entregaron á xente que asitíu e entregou alimentos ou 2€, e tamén ás peñas que entregaron lotes de alimentos tales como As Pescadillas con Ladillas, Muxo Beti... que tamén recibirón as súas entradas. Houbo 2 premios de productos dorneiros, solicitamos a man inocente de Millán para sacar os dous gañadores saíndo os números 3841 (a súa portadora estaba presente posto que era xogadora dos Pintos Joden Quintos e 3854 que todavía non apareceu así que si tes este número ponte en contacto coa cofradía: real-e-ilustre@cofradiadadorna.com unha sudadeira dorneira (ano anterior) e unha botella de Licor café estante esperando.

Dende a Asociación Cultural R. e I. Cofradía da Dorna queremos agradecer a súa colaboración a: Asamblea de peñas por volcarse con esta inciativa e estar ahí presentes un boa representación de peñeiros. O Salvora CF que nos axudou no diseño do torneo, nas bases e  na distribución dos múltiples partidos, ademáis de cedernos os seus balóns. O Concello de Ribeira por facilitarnos as instalacións e os arbitros. A Xavi Falque da peña a Nasa e premio A Jata ruín de la praia da LXV Singladura da Festa da Dorna por diseñarnos o cartel deste torneo.

Moitas Gracias a todos por estar ahí apoiando a R. e I. Cofradía da Dorna!!!!