viernes, 24 de abril de 2009

Ponte a Andar: ILLA DE ONS


O ciclo de andainas PONTE A ANDAR que comenzamos a levar a cabo último trimestre do 2008 e o primeiro do 2009, ponlle a guinda cunha andaina moi especial: ILLA DE ONS.

Tedes mais información na web oficial da Cofradía da Dorna: www.cofradiadadorna.com

domingo, 19 de abril de 2009

Éxito da III Carreira do Corgo

Con casi 160 participantes que foron quen de rematar o duro recorrido do que dan conta as imaxes que xa podedes ver na nosa galería.

Os corredores resaltaron un ano mais a beleza da paisaxe, e a dureza da carreira, acompañada do bo facer da organización a cal non sería posible sin a axuda duns comprometidos dorneiros, da xente que organiza a Carreira da Guía (ollo, que a cita é o vindeiro día 17 de maio), as xentes do C.R. de Artes, os "curmáns" de Altofalante (que non fai falla pedirlles unha mán, sempre botan as dúas), o Concello de Ribeira e ós veciños de Teira que nos acollen cada ano cos brazos abertos, e este ano agasalláronnos poñéndose toda a mañán diante dos fogóns para ter listos o churrasco, as sardiñas (obsequio de Conxelados Coyomar), e as empanadas das que demos conta ó remata-la carreira ó son da gaita e da pandereta.

Moita satisfación entre os participantes cos agasallos de roupa deportiva (cortesía de Nautica A Poutada), e a noite de aloxamento gratuito para dúas persoas (na Casa de Turismo Rural A Teixoeira), que se sortearon ó rematar de entregar os trofeos os concelleiros (Vidal Tomé, Pereira, e Gago) que xunto co alcalde (Torres Colomer) e o parlamentario (Ruiz Rivas) repartiron entre os gañadores das distintas categorías.

Para os mais curiosos e afeccioados aquí quedan os resultados e clasificacións por categorías desta exitosa edición da Carreira do Corgo.

jueves, 16 de abril de 2009

Un ano de Noticias Dorneiras

Este pasado Martes 14 de Abril, cumpliuse un ano de que comenzamos con esta iniciativa para tervos informados de todo o que rodea á Festa da Dorna e das actividades que promove a Cofradía da Dorna dunha forma mais dinámica. Pouco despois apareceron as galerias de fotos e o foro, que non tivo éxito mais segue aberto por si alguén se anima. Proximamente saira a galeria do 2004 para celebrar o aniversario.

En todos estos meses sempre houbo algo que contar e agora chega a recta final de cara á festa, así que estade atentos!!!!.

lunes, 13 de abril de 2009

Participa na Carreira do Corgo

Estamos nos últimos días para anotarse e participar na 3ª Carreira do Corgo que organizamos dende a Cofradía da Dorna, e que está integrada no Circuito de Carreiras Populares do Concello de Riveira, xunto con outras tres carreiras máis e suculentos premios en metálico e obsequios só por rematar as catro carreiras (sí, rematar, non fai falla acabar entre os primeiros postos).

O circuito inaugúrase ca Carreira do Corgo, unha das máis bonitas das catro e incluso das mellores de Galicia. E da súa dureza xa falan os demais.
Vémonos o domingo ás 11.00 h. da mañán na saida en Teira; e logo ás 13.00 h. repondremos forzas cas empanadas, sardiñas, churrascada, cervexa e viño, ó son dos gaiteiros.
Máis información e inscripcións na carreira en: www.cofradiadadorna.com

domingo, 22 de marzo de 2009

III Carreira do Corgo

Xa podedes ver na web da Cofradía da Dorna, toda a información sobre a terceira edición da Carreira do Corgo.

E aquí vos deixamos o video que montamos con algunhas das imaxes que tomamos na carreira do ano pasado, esperamos que vos guste.

domingo, 15 de marzo de 2009

Derradeira andaina do trimestre

Como se pode ver nas imaxes, esta foi a máis concurrida das andainas do programa PONTE A ANDAR, con mais de 70 participantes de tódalas idades.

Tomamo-la saida de Teira, cun día que acompañaba a camiñar con tempo seco e temperatura mais que agradable.

O primeiro lugar emblemático da zona que visitamos foi o Monte Facho, atravesando o pinar e disfrutando do bosque de piñeiros que rodea ó monte.

De alí baixamos ata a aldea de Espiñeirido que lle da nome á praia que dorme ós seus pés. O grupo de andaríns foi todo o tempo unido, sen fragmentarse, creando un moi bo ambiente e aproveitando para charlar co compañeiro e coñecernos todos un pouco mellor.

Non podíamos pasar por alí sen deixar a nosa pegada nas areas da praia, e como o día acompañaba, e a marea baixa tentaba, casi era un pecado pasar por alí e non orillear o areal.



Como se pode ver na seguinte foto, o paseo pola praia foi unha ledicia e todo un luxo para atoparno no mes de marzo con temperaturas e clima atípico desta época.


Dende a praia enfilamo-los sendeiros que circunda un dos derradeiros tramos de costa virxe de Ribeira (amenazado nos últimos tempos polo Plan Acuícola). A Laxe Brava, ca sua constante rompente das olas, e a punta do Corgo dándolle nome a todo o paraxe fixeron as delicias dos afeccionados á fotografía e ó sendeirismo.


Un descansiño pouco antes do tramo final, para beber un pouco e repoñer forzas.


Chegada a Teira, dentro do horario previsto e cubrindo os 10 km. cun bó ritmo, e mellores sensacións.


Con esta poñemos punto e aparte á programación do ciclo Ponte a Andar deste trimestre. O que non significa que rematáramos, pois ainda nos queda outra para o mes de maio da que xa iremos dando conta.

E xa sabes dónde podes atopar tódalas fotos: http://picasaweb.google.com/noticiasdorneiras/PonteAAndar#
Posted by Picasa

domingo, 22 de febrero de 2009

Cancelada Murga Dorneira

A cofradia da Dorna non se pudo presentar ao Concurso de Murgas de este Entroido 2009, o motivo principal foi a pouca resposta dos Dorneiros e Dorneiras a esta iniciativa. Entre os poucos asistentes chegouse o consenso de non participar si non eramos un bo grupo, asi que recolleronse as guitarras e gardouse a letra.
Esperamos que saise ben o concurso e moita sorte os participantes.

jueves, 19 de febrero de 2009

Murga Ultimos dias

Xa non queda nada para as Murgas, Domingo 22 de Febreiro, ainda estades a tempo de participar así que mandade xa un email a:

noticias_dorneiras@hotmail.com


Si tedes ganas de festa un domingo e de pasalo ben, non o deixedes mais, poñedevos en contacto con nós.

martes, 17 de febrero de 2009

Outra andaina

Este domingo volvemos a marchar de andaina, organizada dentro do programa PONTE A ANDAR 2009.

De Ponte a Andar


Como xa sabedes é a segunda deste ano (a quinta dende que empezamos), e esta vez sí que nos acompañou o tempo. Un día estupendo, e polo tanto xuntamos mais de cincuenta persoas e un can. Ó igual que nas outras había xente de tódalas idades e condicións físicas, porque como xa se avisou as andainas de PONTE A ANDAR son aptas para todo o mundo.

Saimos do Centro Recreativo de Artes, e cando ainda non chegáramos ó primeiro kilómetro xa estábamos a cruza-lo rio de Artes por un rústico paso feito dunha soa peza.

De Ponte a Andar


A seguinte parada foi no Dolmen de Axeitos. Voltamos a reunirnos todos para facer a foto ó pe de tan peculiar monumento.

De Ponte a Andar


De Ponte a Andar


Logo marchamos polos campos de Sirves hacia o Parque Natural do Vilar:

De Ponte a Andar


Debido á choiva que caeu últimamente tivemos algo mais de auga da que nos gustaría, pero xa se sabe "nunca chove a gusto de todos":

De Ponte a Andar


Voltamos a cruza-lo rio de Artes, esta vez na outra dirección e por unha ponte un pouco mais actual e distinta á anterior:

De Ponte a Andar


O parque natural caracterízase non só pola súa gran duna móvil senon por ser tamén un dos humedais mais importantes do norte de España. Nalgúns tramos do camiño comprobamos a pé de camiño esta característica:

De Ponte a Andar


Como non podía faltar rematamos de volta no Centro Recreativo de Artes dando conta da empanada, e dunhas orellas que en época de carnavais son obrigadas (cortesía de Manoli):

De Ponte a Andar


Si vos gusta esto, xa sabedes a vindeira o 15 de marzo, en Teira (carretera de Corrubedo).

martes, 10 de febrero de 2009

Murga Dorneira

Chega o Entroido e este ano, igual que nos últimos, a R. e I. Cofradia da Dorna vai participar no festival de Murgas.
Si tedes ganas de pasalo ben e vos animades a participar con nos, enviadenos un email a: noticias_dorneiras@hotmail.com e informaremosvos de como o imos facer.